Fermosa e triste lectura sobre desigualdades sociais cando máis doen: na infancia. Fina Casalderrey e Francisco Castro achegan en O neno can, publicado por Galaxia, relatos para mastigar a modo, con dor, sobre historias que son reais dentro do mundo ficticio do libro, xustapostos pola presenza dun cadeliño agarimoso que serve de nexo entre todos os relatos e que o a única tenrura permitida nas súas vidas. Nen@s explotados, maltratad@s, discriminad@s.
Ademais, O neno can é un libro a favor da UNICEF: cada conto é introducido por un artigo da Convención dos Dereitos
dos Nenos e da Nenas, dereito que veremos como se vulnera en cada relato. Para darlle máis valor, se cabe, a edición exquisita complétase coas ilustracións de Patricia Castelao, que falan por si soas da vulnerabilidade destes seres humanos que debería poder sorrir.
Así que aquí tedes un pouco de todo: lectura para cavilar, para compartir, para admirar, para reler. Un libro que nos pode dar moito xogo na aula e que apoiará moitas das nosas reflexións verquidas en alta voz sobre este mundo inxusto que só a xente nova, creadora de futuro, é quen de cambiar.
2 comentarios:
xogodascadeiras.blogaliza.org is excellent, good work!
Regards [url=http://thefightbetting.com/david-price-vs-audley-harrison-betting-odds/]David Price Audley Harrison odds[/url]
[url=http://www.youtube.com/watch?v=loRdgbJFKiA]Samsung Focus Flash unlock code[/url]
[url=http://www.youtube.com/watch?v=6ktoMxoax6E]Samsung Captivate Glide unlock code[/url]
http://www.youtube.com/watch?v=Cjq8I7G0BpY
Non entendín nada do comentario anterior.
Digo eu que nestas historias tamén se atopa algo de esperanza ou alomenos así parece a intención dos relatos.
Publicar un comentario