Reedítase este xa clásico da Literatura Galega (O país durminte do ano 1992), O país adormentado de Xabier P. Docampo, na editorial Xerais. Non, non o coñecía, pero poder subsanar este erro xa é moito. Fainos o autor unha proposta fantástica que ben se pode aplicar á nosa realidade, porque xa é hora de espertar conciencias adurmiñadas, xa é hora de deixar de vivir un xeito de non -vivir e xa é hora de formarnos como seres racionais e pensantes que deixan fóra medos seculares e miran para outro carón esquecendo a verdadeira historia. Unha historia, por certo, que se recolle en libros desaparecidos e que a nosa heroína deberá compilar para entender e chegar a ser, porque só a cultura da palabra escrita e da tradición oral poderá comprometernos como persoas.
Xosé Manuel Eyré ten elaborado estas actividades para a súa lectura.
En palabras do propio autor: «fala do que nos está pasando agora. Fala dun medo que nos meteron no corpo. O medo é o instrumento mellor que ten o poder para deixarnos indefensos. Diso trata a miña novela». Para Docampo outro dos temas principais d’ O pais adormentado é o do destino: «escribino en primeira persoa na voz de Aurora (alba, amencer), unha adolescente que colle o destino nas súas mans e vai na procura de Val (un trasunto do príncipe valente), que xa tomara antes esa mesma decisión». A novela é unha metáfora do que nos está sucedendo agora e reivindicando o papel esencial da literatura: «Ler é procurar no libro o que din de min (do lector) e do meu tempo e mesmo do meu lugar. A literatura necesitámola para que fale de nós».

Sen comentarios
Publicar un comentario