Con texto de Marisa Núñez e ilustracións de Teresa Lima, a editorial OQO ofrécenos unha versión desta famosa lenda, Ovos duros. É un relato interesante porque destaca o valor da intelixencia por riba de todo, e como esta serve para, mesmo, alcanzar o amor e facer cambiar ás persoas que nun principio resultaban intolerantemente caprichosas.
O feito de que sexa unha muller quen demostra unha intelixencia superior que supera todos os retos dálle valor ao relato; a versión que eu coñecía era diferente e eran homes os que superaban os retos impostos polo rei.
Gustáronme moito as ilustracións polos trazos delicados e suxestivos que ofrecen.
Sen comentarios
Publicar un comentario