Non me gustou tanto como agardaba a priori este Premio Alfaguara de Novela 2012: Una misma noche de Leopoldo Brizuela. E se digo a priori, afírmoo porque o tema interesábame e o xeito de tratalo parecíame contundente: comparar dúas datas e escribir a novela con estes dous saltos de tempo continuos. O libro non é en sentido estricto un libro sobre a ditadura arxentina, senón que vén marcado por esta, porque o feito de buscar a verdade, o medo, a covardía, a connivencia, e ante todo o sentimento de culpa son causa daquela. E sempre será así. Só o esquecemento poderá ser o mecanismo de autodefensa, un mecanismo que deixa de existir na novela cando o mesmo protagonista é quen de vivir un acto semellante que fará que destape todo ese pesar.
E non é fácil. Os muros non son doados de derruír.
Porque adentrarse non HORROR, no inferno da ESMA que ía alcanzando a todas as familias, no drama que supuña caer nas súas fauces, é o que busca Leopoldo Brizuela cunha lingua que tenta fuxir do melodrama
Sen comentarios
Publicar un comentario