Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/11/12

Acoso escolar

Xa temos falado en máis ocasións sobre o acoso escolar. Estes días, desgrazadamente,  tivemos que lembrar que non podemos esquecelo: unha nena de dezaseis anos acababa coa súa vida por este motivo: "que difícil é ser feliz".
En Caderno da crítica ofrecíanos o amigo Ramón Nicolás este vídeo impactante titulado «Losers», que pode axudar a reflexionar arredor desta realidade e que engadimos aos outros vídeos que xa tiñamos e que recuperamos agora novamente.




Agora temos un vídeo sobre este tema: desde a biblioteca do CEIP O Ramo, de Fene, un traballo realizado no centro  no curso pasado, coa autoría do profesor José Carballido e un bo grupo de nenos e nenas, que se implican a fondo e nos lanzan unhas cantas mensaxes.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.