Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/11/12

Calculadoras...

A principal actividade levada no IES Chano Piñeiro de Forcarei en torno á figura de Ramón Verea, inventor homenaxeado no Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, é unha pequena e modesta exposición destes aparellos de cálculo. A carón das calculadoras gráficas e científicas que todos estamos acostumados a ver, aparecen pequenas xoias; aparellos que contan con máis de medio século de historia e que están a espertar a curiosidade entre o alumnado:  unha Original Odhner dos anos 20, unha Hamman Manus de finais dos anos 30 ou dúas Olivetti de principios dos anos 60.
Tod@s se preguntan como podían levar eses aparellos á escola...



Acompañando a esta exposición dispoñemos duns paneis onde, de maneira resumida, explícase a evolución e historia das calculadoras desde o ábaco ata as máis desenvolvidas calculadoras gráficas da actualidade.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.