
Eu, que non son lectora de relatos, recoñézoo, quedei prendada desta autora: as súas páxinas están cheas de boa literatura e sobrados de humanidade. O relato que proporciona o título ao conxunto é unha ficción histórica dunha matemática rusa do século XIX. Munro sabe sintetizar unha novela en cada relato e obra con mestría. A estrutura dos contos vén sendo a mesma: unha anécdota tras outra para ofrecernos unha vida común con elementos comúns que aínda así cativan ao lector.
Así que se vos ocorre coma a min, que rexeitades os libros de relatos para escoller sempre novelas, lembrade que tamén hai que lle dar unha oportunidade a quen realmente o merece. E iso sucede con Alice Munro.
Sen comentarios
Publicar un comentario