Especial edición de Kalandraka para este álbum que fará as delicias do máis pequen@s: un saquiño de "neve" acompaña a portada de Gatiño e a neve de Joel Franz Rosell con ilustracións de Constanze V. Kitzing. Un libro que xoga coa empatía dos dous personaxes principais, un branco e outro negro, que deben buscar un lugar "neutro" para xogar. Ou sexa, que somos todos iguais e que as diferenzas raciais pouco ou nada deben preocuparnos! O álbum amosa como a integración non só é posible senón que é doada e que non existe ningún tipo de trauma detrás.
A mágoa vén cando isto nolo ten que explicar un gato e un coello. Pero que necesarios son aínda este tipo de libros que afondan nuns valores que a nosa sociedade parece esquecer e na que semella que involucionamos!
Open publication - Free publishing
Sen comentarios
Publicar un comentario