Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/11/12

Gonzo

Gonzo. La historia gráfica de Hunter S. Thompson está publicado por 451 editores da man de Will Bingley e Anthony Hope-Smith. Debo recoñecer que non coñecía o personaxe, polo que a lectura do cómic resultoume moi interesante: unha época convulsa que el quere reflectir nos seus escritos de xeito violento xa que así ve el esa sociedade na que se move. O cómic consegue o seu propósito, dar a coñecer un home singular de quen podemos seguir investigando ou quedarnos co que del vimos de aprender: esa é a elección persoal que debe realizar o lector.
Teño que dicir que o cómic non me parece marabilloso, si axuda a coñecer a Thompson, e aporta un prólogo perfecto de Alan Rintzler para iluminarmos sobre a personalidade do protagonista.
Correcta, sen máis.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.