Chamoume a atención este cómic de Miguel Ángel Martín publicado pola editorial Rey Lear: Motor Lab Monqi. Retrato de Brian the Brain como adolescente. Este libro continúa unha saga para min descoñecida de Brian, un neno cabezón superdotado co cerebro por fóra. Un personaxe retratado con certo humor macabro que nesta ocasión fala da soidade dun adolescente que só quere ser normal pero que é rexeitado polos que o rodean. O mérito do protagonista é que é consciente da realidade e sabe o que se pode esperar dos máis. Se a situación podía ser de por si dramática, netes libro o outro personaxe fundamental é Sinan, unha rapaza sen extremidades e que se achega a Brian para facer un tándem ben especial. Tan especial como que ela é estrela de porno mutilado.
Tamén chama a atención o debuxo, as liñas tan expresivas e claras que amosan toda a desolación do conxunto.
Sexa como for, non foi unha lectura apaixoante. Non sei o que agardaba, pero non pasa a formar parte dos meus andeis.
Sen comentarios
Publicar un comentario