Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/12

Non á violencia contra as mulleres (CCLXXXIII)

As miñas alumnas de 1º de Bacharelato de Ciencias, preocupadas pola constante e contagontas noticias sobre novos casos de violencia machista, decidiron aportar o seu gran de area, ofrecéndonos o seu traballo e as súas inquedanzas. 
Dúas curtas, non unha, son o resultado do seu traballo e das súas ganas: eu pouco tiven que facer.



Esta primeira curta pretende reflectir como a violencia transmítese e cambia o comportamento de quen é testemuña aínda que non a padeza na propia pel:

Nón á violencia contra as mulleres. Sobre a violencia física na familia from trafegandoronseis on Vimeo.
 
O segundo vídeo fala de violencia psicolóxica, non menos perigosa pero si menos visible. A muller vai devecendo a súa autoestima ata quedar reducida á nada:

2 comentarios:

Dept.Biblioteca dixo...

Os nosos parabéns para o estupendo traballo destas alumnas de 1BC e para a súa profesora.
Anxos

Paz dixo...

Que ben retratan os bocados de realidade que ven todos os días. Son magníficas as túas alumnas. Parabéns

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.