Absolutamente deliciosa, esta nova entrega poética que vén da man da editorial Kalandraka. Con textos de María José Ferrada e ilustracións de Sole Poirot, O baile diminuto vaime dar moito xogo na aula, estou segura. De entrada, voulle propór unha actividade ao profesor de Ciencias con el, xa que a protagonista do poemario é a natureza. Unha poesía que nos leva a coñecer os habitantes máis diminutos dos parques e dos xardíns, sabendo que todos eles son tamén poetas que compoñen as súas propias melodías. Descubramos os insectos da man da poesía, porque con esta poderemos miralos con outros ollos, uns ollos que observarán como nacen da nada uns bechos nomeados nos poemas. Sintamos, pois, a natureza, escoitemos o seu zunido e cheiremos a súa primavera. A maxia da poesía ben nolo permite.
As ilustracións mesturan estes insectos con faces humanas, ao igual que mesturan técnicas, achegándonos a maxia do interrogante e o enigmático das súas formas.
As ilustracións mesturan estes insectos con faces humanas, ao igual que mesturan técnicas, achegándonos a maxia do interrogante e o enigmático das súas formas.
Open publication - Free publishing
Sen comentarios
Publicar un comentario