Marilar Aleixandre converte a Brensa, a vaca protagonista desta historia, no voz social de A vaca caníbal, publicado recentemente por Galaxia. A vida labrega dende os ollos da verdadeira protagonista da nosa paisaxe, a vaca, quen nos fala dos seus propios gustos, da súa vida na corte, do que lle gusta comer... e do que considera que está ben feito ou mal feito. E porque ela non é caníbal sabe que non pode comer certos "alimentos" que os humanos fabrican con restos animais e que deron lugar, precisamente, ao desgraciado capítulo das vacas loucas. E é que se deixásemos falar aos animais... moitas cousas aprenderíamos!
Ilustracións de Enjamio.
Sen comentarios
Publicar un comentario