A verdade é que son con ver a portada un xa se namora deste álbum. Raquel Díaz Reguera -todo o que ela produce é ouro nos andeis, algúns podedes topalos neste blogue- pulica en Lumen este Abuelas de la A a la Z vén ser un catálogo de 29 avoas, piar importante da familia cunha cousa en común: o amor polos netos e netas. Así teremos avoas que todo o conseguen, as que lles gusta cociñar, as que aman ler, outras que tecen sen parar...; mesmo están as avoas que hai que procuralas lonxe e sabemos delas por carta. Claro que a mellor é a raíña, unha concentración de todas as habilidades nunha soa avoa. Vale que a autora lembre que hai avoas bastante insorportables e tamén nos ofrece no seu catálogo a avoa tiquismiquis que non soporta que todo estea no seu lugar, e case non deixa que os nenos e nenas se movan, a ver se van luxar algo!
E porque a avoa adoita ser a figura máis doce da nenez, a que provoca as nosas lembranzas máis felices (e pensar que eu apenas tiven avoa!!!), este libro resultará indispensable nunha casa. Cando menos, unha avoa de conto ben nos cómpre. Ademais, a información adicional é ben suxestiva: frases, mascotas, tipos de beixos que dan, os seus obxectos...
Se coñecedes a Raquel Díaz Reguera, nada teño que dicir das ilustracións. Se non a coñecedes, a que agardades?
1 comentario:
Onte nunha librería puden comprobar o sorriso dunha parella que non pudo resistir a tentación de mercalo
Publicar un comentario