Di meu pai "el hombre propone y Dios dispone". E así sucedeu con este vídeo. Cando o ano pasado veu Carlos Negro naquel día inesquecible para todas e todos nós, o meu prezado compañeiro Anxinho gravouno case integramente. Pero estragouse o ordenador, perdeuse o traballo... ata agora, que conseguiu recuperalo. E aquí está: só son uns meses de retraso, xa que Carlos veu máis ou menos polo mes de abril. Un día no que falamos de velocidade, da morte de mozos e mozas pola súa inconsciencia, de, en fin, Makinaria.
Grazas Carlos pola túa xenerosidade, pola poesía, polo teu bo facer, pola amizade.
Sen comentarios
Publicar un comentario