Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/12/12

Las lágrimas del asesino


Encantoume este cómic de Thierry Murat publicado en Edelvives: Las lágrimas del asesino é unha adaptación libre da novela de Anne-Laure Bondoux -que eu non coñezo-. Un argumento descorazonador, sen esperanza, rezumando soidade: escoitamos o vento entre os páramos e compartiremos a crueza da vida: existe a humanidade? As cores que elixe o autor complementan excecpcionalmente o texto: negros, grises e ocres combínanse entre si sen permitirse unha explosión de cor: esta sería improcedente entre a soidade textual.
Como xa dixen, non coñezo o texto orixinal, sexa como sexa creo que este cómic é do máis recomendable. Sinceramente, non creo que vos defraude.

«Thierry –explica Anne-Laure Bondoux acerca del trabajo de T. Murat con Las lágrimas del asesino– estaba preocupado por mi opinión, mi sentimiento y mi criterio, así que me envió regularmente sus dibujos durante los quince o dieciséis meses que duró esta aventura. Cada vez hacía un nuevo descubrimiento, era un regalo. Me gustaba su paleta de colores, el ritmo que había dado a la historia, la expresividad de las caras y de las siluetas, los grandes dibujos sepia, los paisajes perdidos por donde se desplazaban los cielos cambiantes. También, el trabajo que realizó sobre el texto, robándome algunas palabras para intercalarlas con las suyas. El equilibrio me pareció preciso: oía mi voz, pero se había convertido en la suya, y la historia había crecido, se había enriquecido».


12 comentarios:

Carmela dixo...

Un dos blogs que visito e este por todo; polos comentarios dos libros e moito pola sensibilidade que hai detrás en todo o que sobes. Eu dou clases de apoio a nenos dende primaria a 4º da ESO no Concello de Outes. Dou un taller de técnicas de estudo e comprensión lectora para alumnos dende 5º primaria a 4º da ESO quería recomendar uns libros para ler no Nadal.
Agradecería moito si me recomendaras algúns. Un saúdo afectuoso dunha admiradora.
O noso blog é
http://talleresdecarmela.blogspot.com.es/

Ronsel dixo...

Ola Carmela, moitas grazas polas túas palabras. Necesito saber que tipo de libros queres: para ler ti? para o teu alumnado? De que idades? Graciñas, novamente pola túa xenerosidade e confianza.
Unha aperta

Carmela dixo...

Son para recomendarlle no blog para os alumnos sería para Primaria de 5º e 6º e para os de ESO, si pode ser en galego e castelán para poñer de recomendación para o Nadal, para que lles regalen ou que regalen Un saúdo

Ronsel dixo...

O das idades é moi complicado porque cada lector é un mundo e nada ten que ver un neno da mesma idade con outro...
PAra os máis pequenos que me dis recoméndoche un álbum ilustrado qeu se chama "El circo mágico" publicado en Edelvives; de Kalandraka: "Ai, Filomena, Filomena", "Contos por teléfono", "O rei oso branco", "Mefi, Sata e Demi", "El pastor de nubes", "Dióxenes"...

Ronsel dixo...

Mira estes:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/06/en-el-pais-de-la-memoria-blanca.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/02/besos-que-fueron-y-no-fueron.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/02/catalogo-de-besos.html

Ronsel dixo...

Este é imprescindible para calquera idade:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2011/12/canto-de-nadal.html

Ronsel dixo...

Outros álbums en castelán de Edelvives impresionantes son todos os de Benjamin Lacombe e os de Rebecca Dautremer.. Se os pos no buscador do blogue hanche saír:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2011/10/el-herbario-de-las-hadas.html (por exemplo)

Ronsel dixo...

PAra a ESo:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/10/a-caza-do-ghazafello.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/10/o-corazon-de-xupiter.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/10/palabras-de-auga.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/11/xardin-de-inverno.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/11/malos-tempos-para-os-fantasmas.html

Ronsel dixo...

Se miras este blogue do meu alumnado poderache servir para ver o que lles gusta e o que non. Non fagas caso dos libros de bacharelato, de todos os xeitos a maioría son da ESO:
http://trafegandoronseis2.blogspot.com.es/

Ronsel dixo...

Estes libro tamén che pode funcionar ben:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/12/el-hogar-de-miss-peregrine-para-ninos.html

Ronsel dixo...

Mira a ver se necesitas máis!!!

Carmela dixo...

Moitas grazas por todo penso que teño bastantes para facer a selección
Un saúdo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.