Recoñezo o moito que me gusta presumir do meu alumnado. E cando souben que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveiteime del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12.
Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.
Quen recita o poema ao seu carón é Ánxela Llinares Taboada, outra música de Silleda.
Grazas a ambos.
Sen comentarios
Publicar un comentario