Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/12/12

Severina

Rodrigo Rey Rosa realiza en Severina un acto de amor polos libros e pola lectura. Publicada por Alfaguara, Severina é unha curta novela chea de dúbidas e feitizos que non procura ningunha realidade absoluta senón que quere que entendamos e vivamos -así é como vivimos cada día, non si?- na ignorancia do mellor ou no desexo da tranquilidade. 
Pero o mellor do libro é precisamente o libro: o mundo da lectura, das librarías, da poesía compartida, da maxia ou da paixón que nos transmiten os libros, o desexo de posuílos. Como non sentirme identificada con esta novela? Toda ela é unha homenaxe a todo isto que eu amo, a construción doutros mundos que non podemos vivir e que procuramos na fuxida do cotián mediante a lectura.
E non vos preocupedes: é tan curta que vos dará tempo a corrixir todos os exames!

“Solía volver con libros nuevos – títulos desconocidos para mí en muchos casos – y casi siempre hacía algún hallazgo extraordinario, o eso me parecía. No perdimos la agradable costumbre de leer juntos – libros distintos, cada uno en su rincón – en silencio, a veces durante tardes o noches enteras, intercambiando algún comentario, alguna idea más o menos vaga o más o menos lúcida sobre los libros y la vida en general”.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.