Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/01/13

A Estrela de Oriente

Tíñao que ler xa, antes de que chegasen os Reis ou que o Papa se decidise a eliminalos, como fixo cos pobres animais do belén. E seica son de Sevilla... Así que a fermosa historia que Pemón Bouzas nos conta en A Estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos publicada por Xerais con ilustracións de Marcos Calo nada ten que ver coas previsións que a Igrexa Católica nos está a ofrecer. E ben que llo agradecemos! Porque o escritor devolvénos un raio de esperanza e de solidariedade neste relato curto onde soñamos con tres reis diferentes e vívidos que compoñen un novo "conto de nadal" na máis pura tradición oral chea de elegancia. 
Maxia, anceios, estilismo e solidariedade son os piares dun relato que constitúe un agasallo ideal este nadal. Un nadal de entedemento entre os mundos que é o que, finalmente, nos ofrece Pemón Bouzas. Que non é nada!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.