Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/01/13

Alice

Escrita por Milena Agus e publicada por Alfaguara, Alice non é unha gran novela pero lese con gusto sinxelo. Novela coral, sensible, non apaixoante nin apaixoada, de amores imposibles e soidades cotiás, de loitas diarias e de xente máis ben extravagante, con traxedias ao lombo e amores fracasados. Como marco para a historia (ou historias) a decisión de vivir, o que supón esta de valentía e de ledicia, a pesar de todo. 
Inda que o acontecido resulta atraente, a min fáltame paixón, ritmo, acción, por veces pareceume monótono e demasiado afastado. Iso si, axuda a ver a vellice con outros ollos e con outras ganas, porque nunca é tarde e porque sempre se pode atopar o amor e a felicidade.


Desde luego, las novelas las han inventado los hombres, como a lo mejor se han inventado también a Dios, pero son dos invenciones hermosísimas, ¿no te parece?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.