Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/01/13

Carabuñas

Publica OQO este conto humorístico en contra do que puideramos pensar nun principio: un monstro que quere comer unha nena que é máis lista que a fame e que logra tornar o que nun principio podería semellar insalvable. É Carabuñas un relato de Margarita del Mazo con ilustracións de Charlotte Pardi que fala dunha case imposíbel amizade que xorde grazas á intelixencia dunha nena riseira e astuta. Esta astucia é a calidade principal do relato, a que destaca por riba de todo, xunto coa lembranza de sabermos quen somos e non dubidar de nós mesmos ante as críticas dos demais nin os seus prexuízos, algo que ocorre a cotío nesta nosa sociedade de consumo tan facilmente dada á aparencia. E será esta quen propicie o relato humorístico do conto que nos ocupa.

—Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete!
—Non son Caramuxo. Son Carabuñas,
o que nunca corta as uñas!
-contestou o bruxo, rabioso.
—Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo!
—Dígoche que non. Son Carabuñas!







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.