Unha noticia que me enche de ledicia é a reedición deste Cidades de Fran Alonso, poemario que ben cumpría rescatar do esquecemento. Xa o comentamos unha vez, Fran Alonso deita unha fermosa
mirada poética sobre as cidades, mergullándose nelas e ofrecéndonos as
súas cores, os seus olores, a súa vida cotiá, que inclúe sensacións,
pensamentos, nostalxias, amores, medos... Un mundo de cidades ou unha
cidade feita mundo.
Cidades cheas de nostalxia, de olor, de cor, de sensacións. Cidades con latexos poéticos. Cidades que flúen e evocan versos. Cidades que abren portas, fiestras, chemineas, para que a poesía entre devagariño e quede a vivir nelas.
Nesta edición, ilustrada polo propio autor (pero é que este home serve para todo???) a editorial Xerais opta por publicala na súa colección "Sopa de libros".
Entre todas as cidades prefiro
as que dormen sobre o mar
ou aquelas que se erguen na area
do deserto.
As primeiras están habitadas
por sardiñas de prata,
e as segundas por
dátiles de luz.
Sen comentarios
Publicar un comentario