A verdade, debín colgar este álbum ilustrado antes da noite de reis, pero como estaba en castelán, agardei até hoxe. El niño perdido de Tàssies, publicado por SM, foi Premio Internacional de Ilustración de la Fundación SM no ano 2008 e resultou asemade gañador da Bienal de Ilustración de Bratislava no ano 2009. E non me estraña! As ilustracións son realmente o mellor e o máis destacado do álbum, un álbum que, como digo, é tipicamente navideño porque a primeira e a última ilustración nos coloca diante das pezas dun belén. Logo vén a procura dese neno Xesús extraviado e na súa búsqueda semella que cheguemos a Palestina, polo que pensamos estar ante un álbum de denuncia social, xa que vemos como a xente malvive fronte ás adversidades. Logo remata o soño, pero sabemos que a destrución provocada pola guerra pode rematar porque é a esperanza infantil a que prevalece. Creo que nos di que o propio fillo de Deus decide marhar para aló porque non deberiamos celebrar nada.
Pero fixádevos nas ilustracións, en tons escuros e a vista de paxaro: impresionantes! Con elas o lector adulto achegarase á dor e á miseria que ás veces cremos tan afastada.
Era la noche de Reyes y el niño Jesús se había perdido.
Soñé que iba a buscarlo al fondo de un lago sin agua.
Intenté encontrar al niño Jesús entre las ruinas. Pero me distraje con las estrellas que caían del cielo.
Una mujer sin rostro me protegió con su cuerpo.
Sen comentarios
Publicar un comentario