Cantas veces nos faltan as palabras xustas para falar? Esta é unha desas ocasións nas que debería follear o dicionario e buscar palabras que me sirvan para definir ou cando menos que me acheguen a falar dun álbum que debería enmarcar e colgar no salón para velo cada día e non esquecelo. Falo do álbum Migrar con texto de José Manuel Mateo e ilustracións de Javier Martínez Pedro publicado por Kalandraka. Fóra da beleza do libro en si, a súa proxección destaca porque nos achega unha mensaxe solidaria e comprometida ao mesmo tempo que tenra que golpea directamente a conciencia do lector/a e dános unha puñada no estómago. Durísima a realidade dos indíxenas mexicanos na procura dunha vida mellor en Norteamérica. Conmovedora a narración dende o punto de vista infantil inxenuo que non comprende o risco, a incerteza, a inxustiza nin o medo, nin sequera por que isto é así. (E quen é quen de llo explicar?)
A ilustración desenvólvese ao xeito tradicional dos indíxenas de Xalitla, papel amate dobrado como biombo. Ligazón de tradición e modernidade.
Impactante. Fermoso. Indispensable.
1 comentario:
Que apetecible!
Publicar un comentario