Andrea Maceiras é a xove autora de Nubes de evolución publicada por Xerais na súa colección Fóra de Xogo. Un título a ter en conta para as aulas posto que constitúe unha lectura atraente que estou segura vai entusiasmar ao alumnado, sobre todo porque por fin lles propoño un final feliz! Fóra desta miña brincadeira, debo asegurar que me gustou e que me resultou ameno e mesmo emotivo en varias ocasións. E porque creo que o frío das estacións de autobuses é moi real e porque a vida non sempre é doada nin é o que parece, aínda que a autora nos propoña que somos nós quen podemos virala e loitar para dar as costas a decepcións e enganos. E aínda que ese final inxenuo e marabilloso paréceme excesivo, a historia en si está ben e os finais felices cómprennos de cando en vez para sorrir abertamente e crermos en solucións que aínda non sexan doadas están ao alcance da nosa man. E por que non unha Ánxela nas nosas vidas?
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
23/01/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario