Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/13

Ocultos. Animais extraordinarios

Publica Faktoría K unha nova e cuarta entrega de Animais extrordinarios que corren a cargo do profesor e biólogo Xulio Gutiérrez e as ilustracións de Nicolás Fernández: Ocultos fala daqueles animais que case non vemos porque prefiren manterse agochados de miradas indiscretas, conmutándose coa natureza e adaptándose aos seus ecosistemas para pasar desapercibidos e loitar así contra calquera posible depredador. 
Publicado en gran formato, é un libro precioso que constitúe un agasallo particular para aqueles nenos e nenas que gocen coa natureza e que queiran saber máis desta grazas a uns textos sinxelos e unhas ilustracións clarificadoras.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.