Conta Agustín Fernández Paz en Zeralda e o dragón un fermoso conto ao máis puro xeito tradicional onde non faltan princesas nin dragóns, pero coa importancia e o cambio esencial que supón que sexa unha muller a valente e afoutada guerreira que é quen de derrotar un sanguinario dragón. O libro está publicado pola editorial Galaxia e conta coas ilustracións de Fran Jaraba. Un libro delicioso para que aqueles nenos e nenas, xa lectores autónomos, gocen coas aventuras e sintan o pracer dunha narración marabillosa, sempre maxistral na pluma de Agustín.
Un agasallo máis para o Día de Reis.
Sen comentarios
Publicar un comentario