Directo ao corazón chega este álbum de Oliver Jeffers publicado por Fondo de Cultura Económica, El corazón y la botella. Unha fermosa metáfora que fala da perda e da esperanza, do bo que é sentir aínda que ás veces toque sufrir. Falar da morte non é doado: Oliver Jeffers conségueo cun texto sinxelo e unhas imaxes case esquemáticas sen flocos innecesarios porque a sensibilidade que move este libro é absoluta. Nel atoparedes tenrura e emoción. Porque... como afrontar a soidade, a adversidade, o sentimento de non poder seguir adiante despois de perder un ser querido? Como encarar unha vida que nos deixa orfos? Sempre hai unha solución, e esta non é agochar o corazón dentro dunha botella. Porque, ao fin e ao cabo, precisamos sentirnos vivos. E para isto ben que nos cómpre utilizar o corazón. Cantas veces non vos abraiades ao sentir tanto amor que nos asolaga por dentro?
"Había
una vez una niña, como cualquier otra niña; tenía la cabeza llena de
curiosidad por todas las maravillas del mundo, llena de imaginaciones
sobre las estrellas, llena de asombro por el mar."
Utilicemos o corazón. Será máis sinxelo….
Sen comentarios
Publicar un comentario