Curiosa esta lectura que chegou ás miñas mans, un relato de Dino Buzzati que xa é un clásico para todas as idades: La famosa invasión de Sicilia por los osos está publicado pola editorial Gadir. Unha metáfora imaxinatriva sobre o valor, a amizade, o poder, a dignidade e sobre todo, sobre a necesidade de ser un mesmo en calquera circunstancia, e de como debemos valorar o que somos e non o que posuímos; o perigo de que o material nos cambie e deteriore ata chegar a estragar todo aquilo no que criamos e o que desexabamos.
Estrutura orixinal asemade para un libro que comeza cunha curiosa presentación dos personaxes e mesmo dos escenarios, incluíndo poemas que poden servir como explicación ou como introdución.
Así pois, segue a ser actual este libro de 1945 que foi reeditado no 2007 cunha moi coidada publicación onde destaca a calidade do papel e as ilustracións do propio autor. Estas son detallistas e tenras.
Agora veño de saber que este libro estivo publicado por Kalandraka e que agora mesmo está esgotado. Ogallá fagan a reedición e poidamos coñecer na nosa lingua estes clásicos que non deben desaparecer.
Agora veño de saber que este libro estivo publicado por Kalandraka e que agora mesmo está esgotado. Ogallá fagan a reedición e poidamos coñecer na nosa lingua estes clásicos que non deben desaparecer.
3 comentarios:
há edição galega em kalandraka
Caramba, poi si que me deixas pampa, non o sabía. Grazas por mo dicir. Obrigada.
Saúdos
estranhou-me que nom a citaras...
Publicar un comentario