Demoledor álbum de Armin Greder publicado por Lóguez, La isla. En realidade, un álbum para adultos, deses que deixan a un sen palabras, tentando fuxir de ser quen somos, seres pouco-humanos. O libro fala do cotián, da xenofobia, do racismo. Pero sen xulgalo, simplemente plantexándoo. Porque somos nós, lectores e lectoras, quen debemos cavilar, se aínda non caemos no abismo ao que nos precipita esta lectura. Porque fala sobre todo do medo cara ao descoñecido, do individualismo, do egoísmo, da dobre moral, do mesquiño que levamos dentro e que sae facilmente nunha sociedade que non está aberta ao diálogo.
Ao pechalo, pensaremos, ¿e nós?. Como somos nós realmente? Porque este álbum crea palabras e crea silencios, sobre todo crea reflexións. Necesarias sempre. Un libro que explora o carácter do ser humano na voz dun cura, un pescador, un comerciante, un mestre... e fixádevos ben nas ilustracións, porque hai uns nenos que reproducen o acontecido. Coma sempre ocorre. Para seguir reflexionando, claro está.
Teatro da crueldade, chaman a atención as ilustracións, grises sobre todo, cadros reais que amosan os acontecementos con todos os seus matices.
Sen comentarios
Publicar un comentario