Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/02/13

Queremos a Rosalía!

Andamos toda a semana a preparar para mañá o Día de Rosalía no IES. Pancartas, fotografías, murais, versos soltos, ilustracións de poemas, gravación dun poema para colaborar coa iniciativa da AELG... Mañá contaremos cunha actuación de excepción, o noso alumno recén chegado ao centro de fóra de Galicia, César Castillo, vai interpretar coa súa guitarra o poema "Quíxente tanto, meniña", mentres que o resto da súa aula, 1º BH, recitará o poema "Eu ben vin estar o moucho". Poema que constituíu a colaboración do recitado conxunto de Cantares Gallegos de centros de Galicia promovido pola AELG.






E Anxo realizou esta montaxe para algúns dos seus poemas, que tamén adornan os corredores do centro:

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.