Que Nórdica é unha das editoriais que hoxe en día coida o deseño e as ilustracións ninguén o dubida. E logo sorpréndenos con libros coma este: Wakefield, de Nathaniel Hawthorne, ilustrador por Ana Juan, que contén asemade o orixinal en inglés. Non coñecía nin o relato nin o autor, polo que o acerto para min é dobre. O libro, breve, que resta un tempo nas nosas cabezas, cavilando sobre algunha posible conclusión arredor do comportamento do protagonista.
As ilustracións retratan perfectamente os dous mundos paralelos do relato, escuro e estraño, un, melancólico o outro.
E agora tamén sei que é un dos relatos preferidos de Borges. Que ten ben máis credibilidade ca min, certo é!
Sen comentarios
Publicar un comentario