Música
pop moi pegadiza de Magin Blanco acompañada de fermosas ilustracións de Leandro Lamas xunto con
pequenas historias orixinais que nos levarán a unha viaxe apaixoante, ao mesmo
tempo que estimula a curiosidade e a creatividade posto que nos ofrece
actividades interactivas para pintar, escribir e debuxar. Editado por Fol Música. Unha auténtica preciosidade que serve para ter na casa e para levar no coche. Para min ten un defecto: as ilustracións non locen como corresponden para este gran pintor que én Leandro Lamas; non sei se é problema da edición ou do papel, pero é unha mágoa a resolución final.
Pola contra, o libro e o disco son en conxunto unha aventura excitante que conxuga narración épica e lírica con espazo para a propia creatividade e a entrega de perspectivas diferentes.
Sen comentarios
Publicar un comentario