Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/03/13

Compendio de herbas máxicas

Fermosísimo libro de Montse Rubio publicado por Baía, Compendio de herbas máxicas é xusto Finalista dos Premios da Edición do 2012. Un compendio que nos achega á nosa tradición fantástica e cultural da natureza, o uso espiritual das plantas e a maxia. Deixádevos mergullar nas súas páxinas e nas súas profusas ilustracións nun libro marabillosamente editado que resulta delicioso como obra de consulta e de evasión. Nel atoparedes fadas, curandeiras, apócemas, meigos, trasnos... e sobre todo toparedes que canta criatura que poboa o libro, real ou maxinaria, ten sente un gran amor pola natureza, esa natureza que nós estragamos cada día e que un día dirá "Basta!".

Tamén hai filtros de amor e potenciadores sexuais, por se a alguén lle cómpren...

Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades. - See more at: http://www.clicktobuy.com.es/shopping-madrid-compra-online-en-madrid-promociones/libros/item/451-compendio-de-herbas-m%C3%A1xicas.html#sthash.NovQktOR.dpuf

Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.
Co tempo fixémonos moi hábiles no coñecemento das súas calidades, sobre todo das plantas, usándoas para curar  e cubrir as nosas necesidades físicas e espirituais.
Só recentemente, co desenvolvemento da ciencia moderna, se deixou de lado o uso místico e espiritual das plantas, relegándoo en pouco tempo case ao esquecemento.
Este libro pretende ser unha homenaxe a ese uso “máxico-espiritual” relegado e ás meigas, feiticeiras e meigos, que, co seu bo facer, axudaron e axudan aínda hoxe en día a tantas persoas.
Con todo, non está de máis ter en conta que a natureza é unha arma de dobre fío e, por iso, espero que saibades empregar este Compendio non como un manual de consulta, para iso hai outros libros, senón como un achegamento a un aspecto tan importante da nosa tradición cultural, real-fantástica.
- See more at: http://www.clicktobuy.com.es/shopping-madrid-compra-online-en-madrid-promociones/libros/item/451-compendio-de-herbas-m%C3%A1xicas.html#sthash.NovQktOR.dpuf

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.