Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/03/13

Cuentos completos de Roald Dahl

Estamos de parabéns os lectores de Roald Dahl coa publicación por parte da editorial Alfaguara dos seus Cuentos completos, edición que recolle asemade algúns inéditos en español. Aínda que eu non son gran lectora de relatos, posto que prefiro a novela, teño que declarar que sempre me gustaron moito os deste autor, polo seu humor negro, combinación de acidez, crueldade e humor san. Moitos deles falan da maldade do ser humano dun xeito ben irónico acompañados dun final ben sorpresivo. Claro que como en todo libro de relatos tedes para escoller: sempre gustan uns máis ca outros. E tamén hai de toda a temática posible. Eu téñolle especial querencia a "Cordero asado", por simples cuestións persoais, non porque sexa mellor.
Lectura moi recomendable que peca no resultado definitivo da editorial: un tomo moi groso en tapa branda que merecía un pouco máis de reforzo. Pero éche o que hai!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.