Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/03/13

Gorila

En Fondo de Cultura Económica publica Anthony Browne os seus inconfundibles libros, como este clásico Gorila de 1976. A historia dunha nena que non recibe a suficiente atención de seu pai e que vive unha gran aventura da man do seu peluche gorila. Unha rapaza que vive soa co pai, polo que se deduce das ilustracións, onde non aparece ningunha figura humana máis. Baixo o amor da nena polos gorilas e o seu anceio de ver un de verdade agóchase a necesidade de ter un pai que lle faga suficiente caso, un papá de verdade co que compartir horas e ilusións.
Fermoso.

1 comentario:

Mª Jesús dixo...

Algunhas das páxinas deste libro son das máis expresivas que coñezo. Por exemplo a que presenta á nena vendo a televisión. Pódense facer moitísimas inferencias.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.