Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/03/13

La librería ambulante

Calquera amante dos libros e da lectura gozará con esta lectura que nos propón a editorial Periférica: La librería ambulante de Christopher Morley. Novela deliciosa, tenra, con humor e moi entrañable que nos ofrece mesmo algunha escena quixotesca na procura do amor á lectura, á natureza e ao ser humano. Que o final sexa máis ou menos previsible non importa a ninguén: estamos ante unha lectura gorentosa e apacible que xira arredor dunha idea: cada libro é unha semente que xermola na necesidade de máis libros. Cando o estás lendo, só apetece coller un lapis e subliñar moitas frases que che gustaría lembrar, todas elas relacionada co bo fomento da lectura.
Que é un bo libro? Un bo libro debe ser simple. E coma Eva, debe provir dalgún lugar entre a segunda e terceira costela: debe haber un corazón latendo no seu interior. Unha historia que é só cerebro non vale moito.

Que nos llamen hombres no nos convierte en hombres―pregona Mifflin―. Ninguna criatura sobre la faz de la tierra tiene derecho a creerse un ser humano a menos que esté en posesión de un buen libro.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.