Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/03/13

La mazmorra



A verdade é que cheguei a estes libros de casualidade, pero cando vin o nome de Lacernet non o dubidei nin un segundo. Estes cómics contan con guión de Joann Sfar e Lewis Trondheim e debuxo de Manu Lacernet: "Corazón de pato", "El sabio del ghetto", "El día de los sapos" están publicados por Norma. Non son o tipo de lecturas comiqueiras que a min máis me gusten, porque son aventuras de fantasía -iso si, inzadas de humor- con animais antropomórficos e criaturas fantásticas que ademais de facer o cotián nestes casos (guerrear) amosan un lado enxeñoso e tenro, a pesar da violencia gratuíta que enche os cómics. Pero o que máis destaca é a xuntanza de épica e humor, facendo dubidar ao lector do xénero que está a ler. Nestes libros hai de todo, amizade, amor, xustiza, relixión, sexo... e moita violencia. É dicir, estes personaxes surrealistas son un espello perfecto da natureza humana, criaturas que dubidan e que nada teñen claro, que cambian de opinión, que teñen medo e que sofren.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.