Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/03/13

La montaña

Todos os libros de Einar Turkowski son absolutamente sorprendentes. Publicado por Libros del Zorro Rojo, La montaña chama a atención xa polo formato tan axeitado e ao abrilo as primeiras palabras xa convidan a seguir coa lectura: os elementos naturais van ao revés do que nós coñecemos. Logo vén a maxia, as ilustracións, a imaxinación en todo o seu esplendor. Un álbum fabuloso ao que acudir unha e outra vez.











En un país, donde las velas ardían al revés de abajo hacia arriba y la lluvia caía desde el suelo, se alzaba una montaña de origen impreciso, cuyo nombre evocaba toda clase de desgracias. La gran mayoría creía que el nombre se había recostado por su propia voluntad sobre la sombría formación rocosa, en el mismo instante en el que esta emergió de la tierra.

1 comentario:

María Jesús dixo...

A min deste autor gústame moitísimo "Estaba oscuro y sospechosamente tranquilo" (Ed. Libros del zorro rojo) que volve sobre o tema do estranxeiro diferente que perturba a vida da comunidade, que pasa da curiosidade á violencia.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.