Desta volta vén a nosa colaboradora Carme Moure a nos sorprender con esta proposta:
De vez en cando convén romper moldes e
deixarse levar por ventos novos. Rirse da vida, reinventar o xa escrito e
darlle un aire cotiá a algo tan serio
como a poesía é o que fai AJO, unha poeta madrileña que, entre outras moitas cousas, escribe grandes poemas breves.
Son
os seus uns textos rápidos e frescos, que case sempre deixan un bo sabor, no
sentido de que agradan, divirten e, máis do que pode parecer a primeira vista,
deixan pouso porque invitan a pensar un chisco.
Micropoemas I, II e III son os libros
onde se recolle a súa micropoesía, pero tamén vos deixo uns vídeos onde
atoparedes algúns dos seus poemas e unhas campañas promocionais da
Sexta, nas que se utilizaron poemas recitados por ela mesma.
Rima a largo plazo
Te
adoraré siempre
y
me importas un pimiento
todavía
no riman
pero
ya rimarán con el tiempo.
No
me tires de la memoria
que
yo vengo del punk
y
la cresta la llevo en la lengua.
Un xeito magnífico e distinto de achegar
a poesía ás aulas. Pódense escoitar, imitar, cantar, comentar… Que vos parecen?
Sen comentarios
Publicar un comentario