Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/03/13

Montañas na cama


OQO tráenos este orixinal álbum de Maricuela ilustrado por Sonya Wimmer -que me encanta!-, Montañas na cama. Un álbum divertido que aborda a sexualidade con humor, naturalidade e sensibilidade. Un neno que topa a porta pechada de seus pais e os escoita "facendo alpinismo". Unha alegoría que chegará ata a última páxina do libro na que se mestura a realidade que cun sorriso coñecemos e o maxín do protagonista. Resulta unha lectura moi atraente por abordar este tema deste xeito cando poucas veces podemos atopalo en libros infantís. As ilustracións gústanme moito porque son alegres e tenras.


 Pouco a pouco, Martín saíu do seu agocho.
A catro patas, para que non o visen,
avanzou cara o cuarto de mamá e papá.

Quería contarlles a súa aventura de cabo a rabo!

A porta estaba estrañamente pechada.
Apegouse a ela para investigar e escoitou:
papá respiraba cansado,

como cando ía ao monte.
E mamá, tamén.

Vaia!
Saíulles una montaña na cama!

MONTAÑASENLACAMA_02_1 




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.