Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/13

Non á violencia contra as mulleres (CCC)

Hoxe propoñémosvos un poema de Fran Alonso sobre este tema, pertencente ao seu libro Transición.




vivo non vivo en paz viva
denigrada muller na oblicua dor 
do teu corpo vivo
non vivo en paz
cando a eclipse te afunde na heca
tombe o teu corpo con mans de ma
cho vivo non vivo en paz vivo
morto vivo a morte viva
en corpo propio
muller diana da histo
ria como residuo
a paz imposible vive en ti
vivo non vivo en paz ela
sepulcro condena lousa mal
pende que pende fende tra
po espera que nega corpo vive to
do cando eclipse anal te afunde dor
pene que pene sistemas 
cu linos e relinos no teu cor
po escrito teu xordo vivo 
non vivo en paz viva
con rabia de labio en rabia 
de femia túa ti futuro teu escrito
na pel papel pulverizada en teu 
de ti e volvo bile de vida viva 
de viva paz a prol 
en ti mu
ller 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.