Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/03/13

Non á violencia contra as mulleres (CCXCVIII)

O meu dono tratábame coma un animal

"Tiña nove anos cando meu pai pediu 30 euros para construír unha pequena casa. No puido pagar a débeda e tiven que traballar como escrava doméstica. O meu dono tratábame coma un animal". Así relata Bishnu Kumari, nepalí de 19 anos, os dous anos que viviu na casa dos que segue chamando os seus "propietarios".

Bishnu foi kamalahari, unha tradición recoñecida oficialmente como ilegal aínda que amplamente practicada, na que os pais usan as súas fillas para pagar débedas. Bishnu conseguía para o seu pai 1.500 rupias nepalesas ao ano, uns 15 euros.

A ONG Plan leva a campaña internacional  "Por ser niña". A ONU declarou o 11 de outubro como Día Internacional da Nena para dar visibilidade a millóns de menores que viven en situación de vulnerabilidade e sen acceso á educación.


Datos do informe da ONG Plan:
En el mundo faltan 100 millones de niñas y mujeres por la práctica del aborto selectivo
A un tercio de niñas en el mundo se les niega la educación secundaria
75 millones de niñas no van al colegio
Cada tres segundos una niña es obligadas a casarse
El 14% de niñas de las niñas de países en vías de desarrollo, se casarán antes de cumplir los 15 años, algunas incluso con tan solo 5 años
Las jóvenes entre 15 y 24 años representan el 64% de los casos mundiales de VIH-SIDA. Aproximadamente 1,5 millones de menores viven con el virus, el 80% de ellas en el África subsahariana. Un gran porcentaje desconoce su estatus de seropositiva
El 50% de las agresiones sexuales mundiales las sufren niñas menores de 16 años
Se estima que 140 millones de niñas y mujeres en todo el mundo han sufrido la mutilación genital femenina, una cifra que aumenta en 2 millones de niñas cada año
Diez millones y medio de niños y niñas mueren cada año antes de cumplir los cinco años

Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.