É a editorial Baía a causante de termos nas mans este fermoso libro profusamente ilustrado sobre unha das árbores autóctonas que mellor definen o noso país: O carballo, de Calros Silvar, autor e ilustrador deste magnífico libro que debe ocupar un lugar nos nosos andeis. É a propia árbore quen nos fala de si mesma, do seu ecosistema, dos seus amigos e inimigos, mesmo as festas que se fan ao seu arredor.
Pero eu destacaría por riba do texto o logrado traballo de ilustración e edición, o que merece estar de Finalista para os Premios da Edición 2012 como mellor libro de non ficción.
2 comentarios:
Pouca atención dedicamos aos carballos. Bo libro, que ademáis fai xutstiza.
tes moita razón. Grazas pola visita
Publicar un comentario