Para ir abrindo boca, algunhas imaxes da visita de Fran Alonso onte ao
noso centro. Non sei moi ben como dar as grazas a tanta xenerosidade
vivida no día de onte, por parte dun alumnado poetizado e por parte de
Fran, quen nos acompañou ata ben entrada a noite. Foi o meu mellor Día
da Poesía grazas a eles.
Ademais, onte pola mañá sacamos a poesía ás rúas. Co alumnado de 1º de Bacharelato, totalmente volcado e entusiasmado coa idea, fomos polas rúas de Silleda recitando poemas e agasallándoos nun sobre, para que a poesía forme parte da vida cotía da vila. Creo que foi unha lección de vida para tod@s el@s, posto que puidemos observar de preto as reaccións dos veciños e veciñas cando nos achegamos a eles. Moito que aprender!
Sen comentarios
Publicar un comentario