Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/03/13

Teño medo!

Xa coñeciamos a Tim Bowley, estupendo contador de historias, que desta volta vén acompañado da ilustradora Alicia Baladan, para nos ofrecer un álbum publicado por OQO sobre o medo e a fouteza que os maiores poden proporcionar aos máis pequenos: Teño medo! é unha historia sobre medos infantís que xiran arredor do descoñecido, medos infundados que provocan anguria e que o avó soluciona con eficacia neste álbum. Medrar a carón do medo é necesario, pero tentando buscar solucións, que non sempre son doadas. Por algo se di que "o medo é libre"!
Neste libro, un tenro avó sabe encadear as historias que o neto medoñento cuestiona para resolver con eficacia o conflito interno do rapaz. Esta é a maxia da palabra.



Un neno estaba co seu avó,
mirando o mar desde una rocha.


De súpeto, o neno dixo:
—Avó, non me gusta esta rocha…
Qué pasa se un barco pirata
aparece polo horizonte?
TEÑO MEDO!

 



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.