Voces en el parque non é o sinxelo conto que semella, unha descrición dunha tarde nun parque calquera, senón que nas mans de Antonhy Browne será unha lección literaria pola forma de presentar a historia, a catro voces, e porque estas son tan diferentes que veremos a mesma historia dende a perspectiva de cada un dos personaxes: desconfianza, desánimo, ilusión e ledicia. E para colmo achega unha lección de humildade: non é máis feliz quen máis ten senón quen sabe gozar.
Publicado por Fondo de Cultura Económica.
Sen comentarios
Publicar un comentario