Este ano botamos a andar un novo proxecto dende o Equipo de Normalización: nomear as aulas. Fuximos, iso si, deliberadamente, dos grandes autores (aínda nolo botan en cara) doutros tempos para buscarmos autores afíns, que puidesen achegarse ao noso centro e compartir co alumnado as súas experiencias e os seus libros.
E, por fin, a primeira aula xa ten nome. O noso poeta dezao Carlos Negro prestou toda a mañá do seu tempo o mércores 4 deste mes para vir ao noso instituto e falar, primeiramente, de Makinaria. E logo de poesía. E da vida... A súa xenerosidade, hai que dicilo, abraiou ao alumnado, que quedou tan satisfeito que reclaman máis homenaxes deste tipo. Sempre que se parezan a Carlos Negro, claro está. Porque é "un tío simpático" e porque achegounos a poesía un pouquiño máis. E porque ata nos agasallou un coche! E por moitas cousas máis.
As imaxes pertencen ao momento en que Carlos Negro nos falou de Makinaria: o alumnado de 3º e de 4º da ESO asistiu engaiolado.
As imaxes pertencen ao momento en que Carlos Negro nos falou de Makinaria: o alumnado de 3º e de 4º da ESO asistiu engaiolado.
Na inauguración da placa Carlos Negro agradeceu a iniciativa e fixo un chamamento a que a sociedade valore e coñeza e se sinta orgullosa da literatura galega. Gustoulle moito que a homenaxe se lle fixera en vida, e puxo este inicitiva como exemplo para outras institucións. E por suposto, falou da importancia da nosa lingua, do seu uso e do amor que só se pode manifestar dun xeito: utilizándoa. Desgrazadamente, esta parte do vídeo desapareceu. Maxia da tecnoloxía, que sempre estraga o que non debe!
A última parte da mañá, Carlos Negro pasouna co alumnado de 3º ESO-A, a aula que leva o seu nome.
Primeiro, este fíxolle unha entrevista:
Primeiro, este fíxolle unha entrevista:
Logo, falounos do valor da poesía:
E por último acabou por conquistarnos a todos e a todas ofrecéndonos EN EXCLUSIVA a primicia do seu novo libro. Que por certo, prometeu que presentará primeiramente en Silleda. Ollo, Carlos, que estes non esquecen!!!:
Sen comentarios
Publicar un comentario