Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/04/13

Cando sexades pequenos

Publica Kalandraka este bonito álbum de Uxue Alberdi con ilustracións de Aitziber Akerreta: Cando sexades pequenos fala da posibilidade de gozar da vida de maiores coas mesmas ilusións que se teñen cando se é pequeno, a mesma inocencia, a ausencia de prexuízos, de convencións absurdas, de razoamentos ilóxicos... de vivir cun sorriso e en plenitude. Un xeito magnífico de explicar o mundo ao revés, non o dos nenos cando estes sexan grandes senón o dos adultos ao facerse pequenos, ao ser posible darlle a volta ao ritmo vital establecido.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.