Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/13

El camino que no iba a ninguna parte


E seguimos con Gianni Rodari, unha vez máis. El camino que no iba a ninguna parte publicado por SM conta coas ilustracións de Xavier Salomó. Unha alegoría sobre a liberdade de pensamento e de mirada, lonxe do egoísmo e da ambición pero procuarndo ser fieis a nós mesmos, elixindo o noso camiño. Non teñamos medo a seguir adiante, a arriscarnos, a loitar. Non dependamos dos demais para medrar.
Encantáronme as ilustracións.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.